Músico tradicional, compositor, gaiteiro, guitarrista.
(Gl) Dende unha temperá idade sinto unha grande atracción pola música, algo que xa vén de tradición familiar. O meu bisavó Manuel Durán foi un gran acordeonista, o meu avó Rafael formou parte na súa xuventude do mítico Coro Toxos e Froles e o meu pai foi sempre afeccionado a tocar a guitarra. Tras introducirme no colexio na aprendizaxe da frauta e da guitarra, continuei a miña formación de xeito autodidacta. No ano 1991 comezo a miña formación como gaiteiro da man do mestre de gaita Laureano Mera e despois, a partir do 1994, co mestre Julián Carabelos. No ano 1991, xunto aos irmáns David e Ivan Pintos e os irmáns Carlos e Luis Vila fundamos o grupo de rock Cromlech, onde exercín como guitarrista ata o ano 1995. No ano 1994, xunto a Toño Vázquez, Cesar Martínez e Paco Sutil fundamos o grupo de música tradicional Os Chichisos, banda na que estiven activo, como gaiteiro e guitarrista, ata o ano 2018. Entre os anos 2004 e 2006 formei parte como guitarrista do grupo de música folk Rabisaco.
(Es) Desde una temprana edad siento una gran atracción por la música, algo que ya viene de tradición familiar. Mi bisabuelo Manuel Durán fue un gran acordeonista, mi abuelo Rafael formó parte en su juventud del mítico Coro Toxos e Froles, y mi padre fue siempre aficionado a tocar la guitarra. Tras introducirme en el colegio en el aprendizaje de la flauta y de la guitarra, continué mi formación de modo autodidacta. En el año 1991 comienzo mi formación como gaitero de la mano del maestro de gaita Laureano Mera y después, a partir del 1994, con el maestro Julián Carabelos. En el año 1991, junto a los hermanos David e Ivan Pintos y los hermanos Carlos y Luis Vila fundamos el grupo de rock Cromlech, donde ejercí como guitarrista hasta el año 1995. En el año 1994, junto a Toño Vázquez, Cesar Martínez y Paco Sutil fundamos el grupo de música tradicional Os Chichisos, banda en la que estuve activo, como gaitero y guitarrista, hasta el año 2018. Entre los años 2004 y 2006 formé parte como guitarrista del grupo de música folk Rabisaco.
(Gl) En paralelo a estes grupos, e dende mediados dos 90, veño facendo música de forma amateur cos compañeiros Paco Sutil e João Bieites. Este ámbito da práctica musical permitiume iniciarme e experimentar con diversos instrumentos, como son os sintetizadores, o bouzouki, a harmónica ou diversas tipoloxías de frautas. No ano 2017, xunto ao músico João Bieites, publicamos o disco “A Pedra do Fundamento. Música inspirada na mitoloxía galega”. Unha obra onde condensamos todo o impulso creador desas últimas décadas.
(Es) En paralelo a estos grupos, y desde mediados de los 90, vengo haciendo música de forma amateur con los compañeros Paco Sutil y João Bieites. Este ámbito de la práctica musical me permitió iniciarme y experimentar con diversos instrumentos, como son los sintetizadores, el bouzouki, la harmónica o diversas tipologías de flautas. En el año 2017, en compañía del músico João Bieites, publicamos el disco “A Pedra do Fundamento. Música inspirada na mitoloxía galega”. Una obra donde condensamos todo el impulso creador de estas últimas décadas.
(Gl) Ao longo destas décadas teño creado moitas músicas para bandas sonoras de documentais, musicado poemas e composto diferentes pezas de corte tradicional galego (muiñeiras, xotas, foliadas, marchas, pasodobres…). A día de hoxe, aínda que xa desvinculado de calquera grupo, sigo tocando e compoñendo como músico afeccionado e amante da música.
(Es) A lo largo de estas décadas he creado muchas músicas para bandas sonoras de documentales, musicado poemas y compuesto diferentes piezas de corte tradicional gallego (muiñeiras, jotas, foliadas, marchas, pasodobles…). A día de hoy, aun que ya desvinculado de cualquier grupo, sigo tocando y componiendo como músico aficionado y amante de la música.
Grupos:
- Membro fundador do grupo de rock Cromlech (1991-1996)
- Membro fundador do grupo música tradicional Os Chichisos (1994-2018)
- Membro do grupo folk Rabisaco (2004-2006)
- Miembro fundador del grupo Cromlech (1991-1196)
- Miembro fundador del grupo música tradicional Os Chichisos (1994-2018)
- Miembro del grupo folk Rabisaco (2004-2006)
Discografía:
- A Pedra do Fundamento. Música inspirada na mitoloxía galega. Rafael Quintía y João Bieites (2017)
- Feito na casa. Os Chichisos (2015)
- Augha nin vela. Os Chichisos (2005)
Composición música tradicional:
- (Gl) Compositor de diferentes pezas de música tradicional galega, entre elas: Muiñeira do Alicornio, María imos a Mesía (Foliada) ou o Pasodobre para Saínza, entre outras.
(Es) Compositor de diferentes piezas de música tradicional gallega, entre ellas: Muiñeira do Alicornio, María imos a Mesía (Foliada) o Pasodobre para Saínza, entre otras.
Composición de bandas sonoras:
- B.S.O. película A Fenda (1996)
- B.S.O documental Sete Camiños. Encrucillada do tempo (2011)
- B.S.O. documental Monte do Seixo. A Montaña Máxica (2009). En colaboración con João Bieites
- B.S.O. documental A loita pola luz (2010). En colaboración con João Bieites
- B.S.O. documental Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo (2011). En colaboración con João Bieites
- B.S.O. documental Madamas e Galáns. Historia do Entroido de Cobres (2016). En colaboración con João Bieites
- Tema de introducción película de animación 3D Orixe de todos os Camiños (2021)