Investigación

(Gl) As miñas liñas de investigación céntranse no patrimonio inmaterial, fundamentalmente no estudo da mitoloxía, da relixiosidade popular e das crenzas máxico-relixiosas, no campo da etnomedicina galega e no mundo do Entroido e das mascaradas da invernía.

(Es) Mis líneas de investigación se centran en el patrimonio inmaterial, fundamentalmente en el estudio de la mitología, de la religiosidad popular y de las creencias mágico-religiosas, en el campo de la etnomedicina gallega y en el mundo del carnaval y las mascaradas de invierno.

Antropoloxía/antroplogía visual

  • (Gl) A cultura da morte en Galicia. Investigación en formato audiovisual sobre a cultura da morte en Galicia. Proxecto de antropoloxía visual que se recolle no documental etnográfico “A parroquia do Alén”. Realizado por Ab Origine. Antropoloxía SLL. Ano 2021

(Es) La cultura de la muerte en Galicia. Investigación en formato audiovisual sobre la cultura de la muerte en Galicia. Proyecto de antropología visual que se recoge en el documental etnográfico “A parroquia do Alén”. Realizado por Ab Origine. Antropoloxía SLL. Año 2021


Patrimonio inmaterial de San Pedro de Doade

  • (Gl) Proxecto de investigación antropolóxica para a recollida e interpretación do patrimonio inmaterial da parroquia de San Pedro de Doade, concello de Lalín. Promovido polo Museo Etnográfico Casa do Patrón. A investigación está recollida na monografía “Patrimonio Inmaterial de San Pedro de Doade”. Ano 2021

(Es) Proyecto de investigación antropológica para la recogida e interpretación dtl patrimonio inmaterial dt la parroquia de San Pedro de Doade, ayuntamiento de Lalín. Promovido por el Museo Etnográfico Casa do Patrón. La investigación está recogida en la monografía “Patrimonio Inmaterial de San Pedro de Doade”. Año 2021


Patrimonio inmaterial de A Mariña

  • (Gl) Proxecto de investigación antropolóxica para a recollida e inventariado de patrimonio inmaterial nos concellos da comarca da Mariña luguesa. Promovido pola A.C. Mariña Patrimonio. Ano 2021

(Es) Proyecto de investigación antropológica para la recogida e inventariado de patrimonio inmaterial en los ayuntamientos de la comarca de la Mariña luguesa. Promovido por la A.C. Mariña Patrimonio. Año 2021


Patrimonio de Doade: antropoloxía/antropología simbólica

  • (Gl) Proxecto de investigación antropolóxica e etnoarqueolóxica na parroquia de Doade (Concello de Lalín). Promovido polo Museo Etnográfica Casa do Patrón. Ano 2020. Traballo recollido no libro O falar das pedras. Antropoloxía simbólica do patrimonio de San Pedro de Doade.

(Es) Proyecto de investigación antropológica y etnoarqueológica en la parroquia de Doade (Concello de Lalín). Promovido por el Museo Etnográfica Casa do Patrón. Año 2020. Trabajo recogido en el libro O falar das pedras. Antropoloxía simbólica do patrimonio de San Pedro de Doade.


Antropoloxía/antropología + gastronomía

(Gl) Proxecto A última cociña do Mundo. Proxecto de investigación etnográfica e histórica sobre a gastronomía tradicional galega. En colaboración co chef estrela Michelin Xosé Cannas “Pepe Vieira”. En curso dende o 2017.

(Es) Proyecto A última cociña do Mundo. Proyecto de investigación etnográfica e histórica sobre la cocina tradicional gallega. En colaboración con el chef estrella Michelin Xosé Cannas “Pepe Vieira”. En curso desde el año 2017.


Patrimonio inmaterial de Parada

  • (Gl) Investigación etnográfica sobre o patrimonio inmaterial asociado ás augas na parroquia de Parada (concello de Silleda) e elaboración de textos e contenidos para a sinaléctica e a web do proxecto Ruta da auga de Parada. Ano 2018

(Es) Investigación etnográfica sobre el patrimonio inmaterial asociado a las aguas en la parroquia de Parada (ayuntamiento de Silleda) y elaboración de textos y contenidos para la sinaléctica y web del proyecto Ruta da auga de Parada. Año 2018


Entroido/carnaval + mascaradas de invernía

  • (Gl) Unha das liñas de investigación que veño desenvolvendo con maior intensidade e duración é o estudo do mundo do Entroido e das mascaradas da invernía, tanto en Galicia como en toda Europa. O meu traballo sobre o Entroido pivota tanto no eido da investigación como da divulgación. As investigacións víronse reflectidas, entre outros, na obra Aboreada das Mázcaras. Estudo histórico e antropolóxico dos Entroidos tradicionais de Xermade, gañadora do Premio de Investigación Xermade na Historia (2019); no traballo As Mázcaras xiróvagas das terras de Manzaneda unha danza para mover o mundo; no documental etnográfico Madamas e Galáns. Historia do Entroido de Cobres e en numerosos artigos, entre eles, Las mascaradas de invierno y el carnaval en europa. Una fiesta ritual que nos une, Os Buches. Unha máscara galega no carnaval de Lanzarote?, O Entroido como un feito social total ou Uns apuntamentos etnográficos sobre o Entroido a xeito de introducción. Na última década foron ducias, tamén, as conferencias impartidas sobre este tema, tanto a nivel galego como internacional, as actividades formativas, as colaboracións en prensa, radio, ou televisión e así como as exposicións e xornadas organizadas en torno a este fundamental rito da nosa cultura.

(Es) Una de mis principales líneas de investigación es el estudio del mundo del carnaval (el Entroido gallego) y de las mascaradas de invierno, tanto en Galicia como en toda Europa. Mi trabajo sobre el carnaval pivota tanto en el campo de la investigación como de la divulgación. Las investigaciones se han visto reflejadas, entre otros, en la obra Aboreada das Mázcaras. Estudo histórico e antropolóxico dos Entroidos tradicionais de Xermade, ganadora del Premio de Investigación Xermade na Historia (2019); en el trabajo As Mázcaras xiróvagas das terras de Manzaneda unha danza para mover o mundo; en el documental etnográfico Madamas e Galáns. Historia do Entroido de Cobres y en numerosos artículos, entre ellos, Las mascaradas de invierno y el carnaval en europa. Una fiesta ritual que nos une, Os Buches. Unha máscara galega no carnaval de Lanzarote?, O Entroido como un feito social total o Uns apuntamentos etnográficos sobre o Entroido a xeito de introducción. En la última década han sido docenas, también, las conferencias impartidas sobre este tema, tanto a nivel gallego como internacional; las actividades formativas; as colaboraciones en prensa, radio, o televisión; así como las exposiciones e jornadas organizadas en torno a este fundamental rito de nuestra cultura.


Danzas de Cangas

  • (Gl) Membro do equipo técnico investigador do Proxecto Danzas tradicionais de Cangas do Morrazo. Para a investigación, documentación histórica e divulgación das tres danzas tradicionais de Cangas (Danza de San Roque de Hio, Danza de San Sebastián de Aldán, Danza e Contradanza de Arbo). Ano 2018.

(Es) Miembro del equipo técnico investigador del Proyecto Danzas tradicionales de Cangas do Morrazo. Para la investigación, documentación histórica y divulgación de las tres danzas tradicionales de Cangas (Danza de San Roque de Hio, Danza de San Sebastián de Aldán, Danza e Contradanza de Arbo). Año 2018.


Patrimonio inmaterial de Bemil

  • (Gl) Investigación e documentación dos ritos e tradicións desenvolvidos arredor do manancial coñecido como A Fonte do Anghenido. Proxecto promovido e patrocinado polas Comunidades de Montes Veciñais da parroquia de Santa María de Bemil. Os resultados do traballo foron publicados no libro “Patrimonio inmaterial de Bemil” editado polas Comunidades de Montes Veciñais da parroquia de Santa María de Bemil (Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Bemil e Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Paradela) e na web Portal do Patrimonio de Bemil (http://www.bemil.org/ ). O proxecto contou coa colaboración do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), e a empresa de arqueoloxía A Citania Arqueoloxía S.L.- Xestión de Patrimonio. O libro “Patrimonio inmaterial de Bemil” é un libro colectivo que inclúe o traballo de Rafa Quintía “A Fonte do Anghenido de Bemil. Ritos e tradicións ao redor dun manancial curativo“. (pp.70-123), xunto cos traballos de Daniel Seijas, Elena Cabreja e Jesús González. Ano 2018

(Es) Investigación y documentación de los ritos y tradiciones desarrollados alrededor del manantial conocido como Fonte do Anghenido. Proyecto promovido y patrocinado por las Comunidades de Montes Veciñais de la parroquia de Santa María de Bemil. Los resultados del trabajo fueron publicadosen el libro “Patrimonio inmaterial de Bemil” editado por las Comunidades de Montes Veciñais de la parroquia de Santa María de Bemil (Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Bemil e Comunidade de Montes Veciñal en Man Común de Paradela) y en la web Portal do Patrimonio de Bemil (http://www.bemil.org/ ). El proyecto contó con la colaboración del Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit) del Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) y de la empresa de arqueología A Citania. Arqueoloxía S.L.- Xestión de Patrimonio. El libro “Patrimonio inmaterial de Bemil” es un libro colectivo que incluye el trabajo de Rafa Quintía “A Fonte do Anghenido de Bemil. Ritos e tradicións ao redor dun manancial curativo“. (pp.70-123), junto con los trabajos de Daniel Seijas, Elena Cabreja y Jesús González. Año 2018


Etnomedicina de Galicia

  • (Gl) Dende o ano 2004 levo a cabo unha investigación no campo da etnomedicina galega e da ritualística protectora e sandadora cuxos resultados, ata a actualidade, foron publicados en diferentes artigos e nos ensaios: Uso do cuarzo na cultura galega. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos; Alicornio. O poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega; Vade Retro. Ritualística protectora, obxectos curativos e uso de amuletos na cultura popular galega, investigación galardoada co Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo (2017) e no documental etnográfico Terra das Marabillas.

(Es) Desde el año 2006 llevo a cabo una investigación en el campo de la etnomedicina gallega y de la ritualística protectora y sanadora cuyos resultados, hasta la actulalidad, se han publicado en diferetes artículos y en los ensayos: Uso do cuarzo na cultura galega. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos (2015), Alicornio. O poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega (2013); Vade Retro. Ritualística protectora, obxectos curativos e uso de amuletos na cultura popular galega (2017), galardonado con el Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo (2017) y en el documental etnográfico Terra das Marabillas.


Patrimonio inmaterial + etnografía de Xermade

  • (Gl) Investigación, recollida de patrimonio inmaterial e catalogación de patrimonio etnográfico en Xermade (Lugo). Proxecto Campo de Traballo Internacional Casa da Neveira de Xermade. Campañas de 2015, 2016, 2017 e 2019.

(Es) Investigación, recogida de patrimonio inmaterial y catalogación de patrimonio etnográfico en Xermade (Lugo). Proyecto Campo de Trabajo Internacional Casa da Neveira de Xermade. Campañas de 2015, 2016, 2017 y 2019.


Estudos mitolóxicos/estudios mitológicos: Santa Mariña

  • (Gl) Traballo de investigación sobre a advocación de Santa Mariña na cristianización de Galicia. Traballo galardoado co Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016) e publicado na monografía: Mariña. De deusa a santa. Editorial Galaxia (2017).

(Es) Trabajo de investigación sobre la advocación de Santa Mariña en la cristianización de Galicia. Trabajo galardonado con el Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016) y publicado en la monografía: Mariña. De deusa a santa. Editorial Galaxia (2017).


Estudos mitolóxicos/estudios mitológicos: A Moura

  • (Gl) Traballo de investigación sobre o mito da Moura en Galicia. Investigación galardoada co Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) e publicada na monografía: Análise estrutural e simbólica do mito da Moura. Fundación Vicente Risco e Urco editora (2015). A investigación sobre o mito da Moura continuou ata o ano 2020, nesta ocasión da man da antropoloxía visual, dando lugar ao documental etnográfico O País da Moura.

(Es) Trabajo de investigación sobre el mito de la Moura en Galicia. Investigación galardonada con el Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) y publicada en la monografía: Análise estrutural e simbólica do mito da Moura. Fundación Vicente Risco y Urco editora (2015). La investigación sobre el mito de la Moura continuó hasta el año 2020, en esta ocasión de la mano de la antropología visual, dando lugar al documental etnográfico O País da Moura.


Etnografía: Muíños/molinos de río

  • (Gl) Investigación en formato audiovisual sobre a historia, usos, funcións e particularidades dos muíños de regato en Galicia, así como sobre o mudo simbólico e a oralidade que os rodea. Proxecto de antropoloxía visual que se recolle no documental etnográfico “Muíños. A memoria da auga”. Realizado pola Sociedade Antropolóxica Galega. Ano 2016

(Es) Investigación en formato audiovisual sobre la historia, usos, funciones y particularidades de los molinos de regato en Galicia, así como sobre el mudo simbólico y la oralidad que los rodea. Proyecto de antropología visual que se recoge en el documental etnográfico “Muíños. A memoria da auga”. Realizado por la Sociedade Antropolóxica Galega. Año 2016


Antropoloxía/antropología Castro das Croas

  • (Gl) Traballo de investigación antropolóxica ao redor do xacemento galaico da Idade do Ferro coñecido como castro do Monte das Croas. Responsable dos traballos antropolóxicos na escavación do Castro del Monte das Croas (Pontevedra, 2014). Investigación publicada na monografía Monte das Croas. Antropoloxía dun castro (2016)

(Es) Trabajo de investigación antropológica sobre el yacemiento galaico de la Edad del Hierro conocido como castro del Monte das Croas. Responsable de los trabajos antropológicos en la excavación del Castro del Monte das Croas (Pontevedra, 2014). Investigación publicada en la monografía Monte das Croas. Antropoloxía dun castro (2016)


  • (Gl) Traballos de investigación e recollida de patrimonio inmaterial e de catalogación de patrimonio etnográfico para o proxecto Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Anos 2011-2015. Os resultados da investigación foron publicados no Catálogo guía do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños (2015), no documental Sete Camiños. Encrucillada do Tempo e recollidos na web http://www.setecamiños.com e no documental Sete Camiños: Encrucillada do tempo (2011).

(Es) Trabajos de investigación y recogida de patrimonio inmaterial y de catalogación de patrimonio etnográfico para el proyecto Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Años 2011-2015. Los resultados de la investigación han sido publicados en el Catálogo guía do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños (2015), en el documental Sete Camiños. Encrucillada do Tempo y recogidos en la web http://www.setecamiños.com y en el documental Sete Camiños: Encrucillada do tempo (2011).


Patrimonio inmaterial de Salcedo

  • (Gl) Traballo de catalogación do Patrimonio Inmaterial de San Martiño de Salcedo (2014). Investigación publicada na monografía Patrimonio Inmaterial de San Martiño de Salcedo. Lendas, historias e crenzas (2014).

(Es) Trabajo de catalogación del Patrimonio Inmaterial de San Martiño de Salcedo (2014). Investigación publicada en la monografía Patrimonio Inmaterial de San Martiño de Salcedo. Lendas, historias e crenzas (2014)


Antropoloxía/antropología económica

  • (Gl) Traballo de investigación de antropoloxía económica sobre o pago solidario dos enterros no concello de Mesía. Investigación realizada entre os anos 2012 e 2013 e publicada en: O pago dos enterros en Mesía: don, solidariedade e reciprocidade social. Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza, Nº3, año 2013.

(Es) Trabajo de investigación de antropología política sobre el pago solidario de los entierros en el concello de Mesía. Investigación realizada entre el 2012 y el 2013 y publicada en: O pago dos enterros en Mesía: don, solidariedade e reciprocidade social. Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza, Nº3, año 2013.


Antropoloxía/antropología Castro de Mallou

  • (Gl) Traballo de catalogación de Patrimonio Inmaterial no marco da escavación arqueolóxica do Castro de Mallou. Traballo de investigación etnográfica nos seguintes ámbitos: catalogación de patrimonio inmaterial, recollida de literatura oral, documentación de usos tradicionais agropecuarios e pesqueiros da parroquia de Mallou e catalogación de elementos etnográficos e de antigas vías de comunicación. A Coruña, 2013

(Es) Trabajo de catalogación de Patrimonio Inmaterial en la excavación arqueológica del Castro de Mallou. Trabajo de investigación etnográfica en los siguientes ámbitos: catalogación de patrimonio inmaterial, recogida de literatura oral, documentación de usos tradicionales agropecuarios y pesqueros de la parroquia de Mallou y catalogación de elementos etnográficos y de antiguas vías de comunicación. A Coruña, 2013


Antropoloxía/antropología política: Monte comunal

  • (Gl) Traballo de investigación, no marco da antropoloxía política, sobre o conflicto social pola posesión do monte comunal de Salcedo, Pontevedra. O estudo está recollido no artigo A loita pola posesión do monte comunal de San Martiño de Salcedo dende a óptica da antropoloxía política. Un conflito de lexitimidade onde a identidade colectiva está en xogo, publicado en Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza, Nº5, ano 2015

(Es) Trabajo de investigación, en el marco de la antropología política, sobre el conflicto social por la posesión del monte comunal de Salcedo, Pontevedra. El estudio está recogido en el artículo A loita pola posesión do monte comunal de San Martiño de Salcedo dende a óptica da antropoloxía política. Un conflito de lexitimidade onde a identidade colectiva está en xogo, publicado en Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza, Nº5, ano 2015

  • (Gl) Traballo de investigación-acción para a recuperación da memoria colectiva dos comuneros de Salcedo. Traballo de antropoloxía visual plasmado no documental Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo. Ano 2011

(Es) Trabajo de investigación-acción para la recuperación de la memoria colectiva de los comuneros de Salcedo. Trabajo de antropología visual plasmado en el documental Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo. Año 2011


Antropoloxía da relixión/antropología de la religión

  • (Gl) Traballo de investigación histórica e antropolóxica sobre o santuario da Nosa Señora da Lanzada. Traballo galardoado co Premio de Investigación Luis Cuadrado (2010) e publicado no libro: A Nosa Señora da Lanzada. Antropología de un santuario costero. Nós (2011)

(Es) Trabajo de investigación sobre el santuario de A Nosa Señora da Lanzada. Trabajo galardonado con el Premio de Investigación Luis Cuadrado (2010) y publicado en el ibro: A Nosa Señora da Lanzada. Antropología de un santuario costero. Nós (2011).