Valorización:
- (Gl) Proxecto de investigación e valorización para a creación dun itinerario enoturístico e cultural que articule os territorios comprendidos na IXP Ribeiras do Morrazo. A “Ruta dos Viños Oceánicos” é un Itinerario enocultural da IXP Ribeiras do Morrazo, co fío condutor da cultura do viño na península do Morrazo e nas marxes atlánticas de Pontevedra, Redondela e Poio. Creamos un itinerario enoturístico baseado nunha realidade histórica, antropolóxica e económica que xira en torno á tradición vitivinícola local. Unha ruta que une os diferentes concellos e comarcas cuxa arraigada tradición tivo como protagonista os viños e castes da actual IXP Ribeiras do Morrazo. Un proxecto ideado, creado e realizado por Ab Origine. Antropoloxía e promovido polo GDR Pontevedra-Morrazo. Anos 2020-2021
(Es) Proyecto de investigación y valorización para la creación de un itinerario enoturístico y cultural que articule los territorios comprendidos en la IXP Ribeiras do Morrazo. La “Ruta dos Viños Oceánicos” es un Itinerario enocultural de la IXP Ribeiras do Morrazo, con ele hilo conductor de la cultura del vino en la península del Morrazo y en la márgenes atlánticas de Pontevedra, Redondela y Poio. Creamos un itinerario enoturístico basado en una realidad histórica, antropológica y económica que gira en torno a la tradición vitivinícola local. Una ruta que une los diferentes ayuntamientos y comarcas cuya arraigada tradición ha tenido como protagonista los vinos y castas de la actual IXP Ribeiras do Morrazo. Un proyecto ideado, creado y realizado por Ab Origine. Antropoloxía y promovido por el GDR Pontevedra-Morrazo. Años 2020-2021



- (Gl) Director e credor do proxecto “O Camiño contado. Pontevedra”. Un proxecto audiovisual de divulgación cultural e patrimonial ao redor do camiño portugués de Santiago ao seu paso polo concello de Pontevedra. Unha ollada antropolóxica ao camiño onde os protagonistas son as historias contadas pola propia xente depositaria destes coñecementos. Historias, patrimonio, mitos, ritos e crenzas recollidos no traballo de campo e narrados polos veciños das diferentes parroquias e da vila. “O camiño contado. Pontevedra” é un proxecto ideado, creado e realizado por Ab Origine. Antropoloxía e promovido pola Concellería de Promoción Económica e Turismo do Concello de Pontevedra. Ano 2021
(Es) Director y creador del proyecto “O Camiño contado. Pontevedra”. Proyecto audiovisual de difusión cultural y patrimonial en torno al Camino de Santiago Portugués a su paso por el municipio de Pontevedra. Una mirada antropológica al camino donde los protagonistas son las historias contadas por las propias personas depositarias de estos saberes. Historias, patrimonio, mitos, ritos y creencias recogidas en el trabajo de campo y narradas por los vecinos de las diferentes parroquias y de la villa. “O Camiño contado. Pontevedra” es un proyecto concebido, creado y llevado a cabo por Ab Origine. Antropología y promovido por el Departamento de Promoción Económica y Turismo del Ayuntamiento de Pontevedra. Año 2021


- (Gl) Técnico do proxecto Proposta de integración de elementos patrimoniais do Camiño Xacobeo Portugués ao seu paso por Pontevedra. Investigación etnográfica e realización do anteproxecto para unha proposta de integración de elementos patrimoniais do Camiño Xacobeo Portugués ao seu paso polo Concello de Pontevedra. Ano 2019
(Es) Técnico del proyecto Propuesta de integración de elementos patrimoniales del Camino Xacobeo Portugués a su paso por Pontevedra. Investigación etnográfica y realización del anteproyecto de propuesta de integración de elementos patrimoniales del Camino de Santiago Portugués a su paso por el Ayuntamiento de Pontevedra. Año 2019
- (Gl) Técnico do proxecto de creación do Parque Etnoarqueolóxico do Outeiro das Mouras. Promovido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo. Anos 2017-2019
(Es) Técnico en el proyecto de creación del Parque Etnoarqueolóxico do Outeiro das Mouras. Promovido por la Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo. Años 2017-2019



http://www.comunidademontessalcedo.es/arqueoloxia_salcedo%20con%20audios/index.html
- (Gl) Investigación histórica e realización do Anteproxecto para o Itinerario Cultural “A ruta do Rexurdimento”. Documentación e deseño dun itinerario cultural pola provincia de A Coruña arredor das figuras literarias do movemento cultural histórico coñecido como Rexurdimento galego. Promovido pola Fundación Eduardo Pondal. Ano 2019.
(Es) Investigación histórica y realización del Anteproyecto para el Itinerario Cultural “A ruta do Rexurdimento”. Documentación y diseño de un itinerario cultural por la provincia de A Coruña alredor de las figuras literarias del movimiento cultural histórico conocido como Rexurdimento gallego. Promovido por la Fundación Eduardo Pondal. Año 2019.

- (Gl) Documentación, deseño e guiado do roteiro cultural O camiño dos cruceiros de Salcedo. Actividade para a divulgación e valorización do patrimonio artístico de Salcedo, nomeadamente os seus cruceiros, e o patrimonio inmaterial asociado a estes elementos patrimoniais. Promovido y financiado por la A. V. Heroes do Campo da Porta. Año 2019
(Es) Documentación, diseño y guiado de la ruta cultural O camiño dos cruceiros de Salcedo. Actividade para la divulgación y valorización del patrimonio artístico de Salcedo, centrado en sus cruceiros y en el patrimonio inmaterial asociado a estos elementos patrimoniales. Promovido y financiado por la A. V. Heroes do Campo da Porta. Año 2019



- (Gl) Técnico no proxecto de Multifuncionalidade do monte San Martiño para a integración do deporte, natureza e cultura. Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo. Ano 2017
(Es) Técnico en el proyecto de Multifuncionalidade do monte San Martiño para a integración do deporte, natureza e cultura. Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo. Año 2017


- (Gl) Elaboración de contidos a teatralizar, documentación, deseño e guiado da ruta cultural e ruta teatralizado Ruta da Auga Salcedo, para a divulgación do patrimonio etnográfico e natural asociado ás augas. Promovido e financiado pola A. V. Salcedo Norte. Ano 2017
(Es) Elaboración de contenidos a teatralizar, documentación, diseño y guiado de la ruta cultural y ruta teatralizado Ruta da Auga de Salcedo, para la divulgación del patrimonio etnográfico y natural asociado a las aguas. Promovido e financiado por la A. V. Salcedo Norte. Año 2017



- (Gl) Traballo de investigación Meu Pontevedra, Castelao en Salcedo para a recuperación da memoria oral en Salcedo do ensaista e político galego Alfonso Daniel Manuel Rodríguez. Este traballo, realizado segundo os criterios da investigación-acción participativa (IAP), tivo como resultado a elaboración da ruta histórico-cultural “Castelao en Salcedo” e a súa teatralización en colaboración coa Asociación Veciñal Salcedo Norte e a Deputación de Pontevedra. Tamén se implementou un programa didáctico de rutas interpretadas e teatralizadas centradas na comunidade escolar de Salcedo.
(Es) Trabajo de investigación Meu Pontevedra, Castelao en Salcedo para la recuperación de la memoria oral en Salcedo del ensayista y político gallego Alfonso Daniel Manuel Rodríguez. Este trabajo, realizado según los criterios de la investigación-acción participativa (IAP), tuvo como resultado la elaboración de la ruta histórico-cultural “Castelao en Salcedo” y su teatralización en colaboración con la Asociación Veciñal Salcedo Norte y la Diputación de Pontevedra. También se puso en marcha un programa didáctico de rutas interpretadas y teatralizadas centradas en la comunidad escolar de Salcedo.



- (Gl) Membro da comisión técnica para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo. Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lourizán e Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián de Marín. Anos 2010-2015
(Es) Miembro de la comisión técnica para la creación del Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo. Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lourizán y Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián de Marín. Años 2010-2015






- (Gl) Colaborador no proxecto de restauración e posta en valor do Conxunto Etnográfico dos Muíños do Batán, en Salcedo (Pontevedra), proceso que documentou audiovisualmente. Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo, Asociación veciñal Heroes do Campo da Porta e Concello de Pontevedra. Ano 2014
(Es) Colaborador en el proyecto de restauración y puesta en valor del Conxunto Etnográfico dos Muíños do Batán, en Salcedo (Pontevedra), proceso que documentó audiovisualmente. Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo, Asociación veciñal Heroes do Campo da Porta y Concello de Pontevedra. Año 2014
- (Gl) Catalogación de patrimonio para o proxecto de inventario virtual Tesouros do Tempo (http://tesourosdotempo.pontevedra.eu/). Proxecto de catalogación de patrimonio organizado polo Concello de Pontevedra. Ano 2014
(Es) Catalogación de patrimonio para el proyecto de inventario virtual Tesouros do Tempo (http://tesourosdotempo.pontevedra.eu/). Proyecto de catalogación de patrimonio organizado por el Concello de Pontevedra. Año 2014



- (Gl) Creador de contidos culturais sobre Patrimonio Inmaterial para a web Salcedo no Tempo (http://salcedonotempo.eu). Organizada polo Concello de Pontevedra. Ano 2014
(Es) Creador de contenidos culturales sobre Patrimonio Inmaterial para la web Salcedo no Tempo (http://salcedonotempo.eu). Organizada por el Concello de Pontevedra. Año 2014

PORTADA
- (Gl) Colaborador en temas de Patrimonio Inmaterial e etnográfico do proxecto Espazo Etnográfico e Arqueolóxico do Val de Tomeza. Organizado polo concello de Pontevedra. Anos 2014-2015
(Es) Colaborador en temas de Patrimonio Inmaterial y etnográfico del proyecto Espazo Etnográfico e Arqueolóxico do Val de Tomeza. Organizado por el concello de Pontevedra. Años 2014-2015

- (Gl) Creador do Roteiro das Mouras. O roteiro das Mouras é un percorrido cultural que pretende unir e pór en valor parte do rico patrimonio etnográfico, arqueolóxico e inmaterial da parroquia de San Martiño de Salcedo. Esta ruta, que xira en torno ás moitas lendas de mouras que posúe esta parroquia pontevedresa, transcorre por algúns dos espazos naturais e bens patrimoniais máis valiosos da parroquia. Ano de creación 2013
(Es) Creador del Roteiro das Mouras. La ruta de las Mouras es un recorrido cultural que pretende unir y poner en valor parte del rico patrimonio etnográfico, arqueológico e inmaterial de la parroquia de San Martiño de Salcedo. Esta ruta, que gira en torno a las muchas leyendas de mouras que posee esta parroquia pontevedresa, transcurre por algunos de los espacios naturales y bienes patrimoniales más valiosos de Salcedo. Año de creación 2013




- (Gl) Creador dos roteiros culturais:
- Roteiro das Mouras (Ano 2013 )
- Roteiro Histórico-Mitolóxico de San Martiño de Salcedo (Ano 2013)
- Roteiro Meu Pontevedra. A memoria de Castelao en Salcedo (Ano 2016)
- Ruta Augas e fontes de Salcedo (Ano 2017)
- Ruta O Camiño dos Cruceiros de Salcedo (Ano 2019)
(Es) Creador de las rutas culturales:
- Roteiro das Mouras (Año 2013 )
- Roteiro Histórico-Mitolóxico de San Martiño de Salcedo (Año 2013)
- Roteiro Meu Pontevedra. A memoria de Castelao en Salcedo (Año 2016)
- Ruta Augas e fontes de Salcedo (Año 2017)
- Ruta O Camiño dos Cruceiros de Salcedo (Año 2019)


Arqueoloxía/Arqueología:
- (Gl) Membro do equipo na escavación arqueolóxica da fortificación alto medieval de A Torre dos Mouros, en Carnota (A Coruña, 2012)
(Es) Miembro del equipo en la excavación arqueológica de la fortificación alto medieval de A Torre dos Mouros, en Carnota (A Coruña, 2012).



- (Gl) Membro do equipo antropolóxico da escavación arqueolóxica do Castro de Mallou (xacemento da Idade do Ferro). A Coruña, 2013.
(Es) Miembro del equipo antropológico de la excavación arqueológica del Castro de Mallou (yacimiento de la Edad del Hierro). A Coruña, 2013



- (Gl) Responsable dos traballos antropolóxicos na escavación do castro do Monte das Croas (xacemento da Idade do Ferro). Pontevedra, 2014.
(Es) Responsable de los trabajos antropológicos en la excavación del castro del Monte das Croas (yacimiento de la Edad del Hierro). Pontevedra, 2014.



- (Gl) Antropólogo, monitor e director (2019) no Campo de traballo internacional da Casa da Neveira de Xermade. Escavación arqueolóxica e restauración dunha neveira (xacemento etnográfico). Campañas de 2015, 2016, 2017 e 2019
(Es) Antropólogo, monitor e director (2019) en el Campo de trabajo internacional de la Casa da Neveira de Xermade. Excavación arqueológica y restauración de una nevera (yacimiento etnográfico). Campañas de 2015, 2016, 2017 y 2019






- (Gl) Monitor no Campo internacional de trabajo de restauración do Parque do Pasatempos de Betanzos. Campaña 2016
(Es) Monitor en el Campo internacional de trabajo de restauración del Parque do Pasatempos de Betanzos. Campaña 2016



Interpretación patrimonial:
- (Gl) Actualmente son guía do Parque Etnoarqueolóxico do Outeiro das Mouras, Salcedo. Pontevedra.
(Es) Actualmente es guía del Parque Etnoarqueolóxico do Outeiro das Mouras, Salcedo. Pontevedra.



- (Gl) Deseño e guiado da Ruta histórico-mitolóxica Tras as pegadas da Raíña Lupa. Percorrido interpretado polas xeografías míticas e arqueolóxicas asociadas ao relato da traslación do corpo do apóstolo Santiago e a lenda da Raíña Lupa. Organizado por Trebum. Padrón, Teo, Boqueixón, 2019
(Es) Diseño y guiado de la Ruta histórico-mitológico Tras as pegadas da Raíña Lupa. Recorrido interpretado por las geografías míticas y arqueológicas asociadas al relato de la traslación del cuerpo del apóstol Santiago y a la leyenda de la Reina Lupa. Organizado por Trebum. Padrón, Teo, Boqueixón, 2019



- (Gl) Roteiro antropolóxico por Santa Mariña de Augas Santas. Percorrido interpretado polas xeografías míticas e arqueolóxicas asociadas ao relato lendario de Santa Mariña de Augas Santas. Organizado por Seitura Coope. Social. Allariz, 2018
(Es) Roteiro antropolóxipor Santa Mariña de Augas Santas. Recorrido interpretado por las geografías míticas y arqueológicas asociadas al relato legendario de Santa Mariña de Augas Santas. Organizado por Seitura Coope. Social. Allariz, 2018

- (Gl) Deseño e guiado da Ruta Augas e fontes de Salcedo. Actividade de interpretación do patrimonio etnográfico, natural e inmaterial da parroquia de Salcedo asociado aos usos tradicionais das augas. Organizado pola A. C. Salcedo Norte. Pontevedra, 2017
(Es) Diseño y guiado da e la Ruta Aguas y fuentes de Salcedo. Actividad de interpretación del patrimonio etnográfico, natural e inmaterial de la parroquia de Salcedo asociado al uso tradicional de las aguas. Organizado por la A. C. Salcedo Norte. Pontevedra, 2017



- (Gl) Deseño e guiado do Roteiro histórico-mitolóxico por Campolongo e San Brais. Dentro do programa de lecer alternativo para a xuventude Noites Abertas. Organizado polo concello de Pontevedra. Edición 2016
(Es) Diseño y guiado de la Ruta histórico-mitológica por Campolongo y San Brais. Dentro del programa de ocio juvenil alternativo Noites Abertas. Organiza por el concello de Pontevedra. Edición 2016



- (Gl) Deseño e guiado do Roteiro histórico-cultural por Canicouva e Paredes. Actividade de interpretación do patrimonio etnográfico, arqueolóxico e inmaterial da parroquia de San Estevo da Canicouva (Potevedra) e do lugar de Paredes (Vilaboa). Dentro del programa de rutas guiadas Andainas. Organizado por el concello de Pontevedra. Edicións 2014 e 2015
(Es) Deseño e guiado de la Ruta histórico-cultural por Canicouva e Paredes. Actividad de interpretación del patrimonio etnográfico, arqueológico e inmaterial de la parroquias de San Estevo da Canicouva (Pontevedra) y del lugar de Paredes (Vilaboa). Dentro del programa de rutas guiadas Andainas. Organizado por el concello de Pontevedra. Ediciones 2014 e 2015
- (Gl) Guía en Roteiros Temáticos do Patrimonio Rural 2013. Organiza polo Concello de Pontevedra. Edición 2013
(Es) Guía en Roteiros Temáticos do Patrimonio Rural 2013. Organiza el Concello de Pontevedra. Edición 2013
- (Gl) Deseño e guiado do Roteiro cultural por Salcedo. Actividade de interpretación do patrimonio etnográfico, arqueolóxico e inmaterial da parroquia de San Martiño de Salcedo. Organizado por la Asociación Juan XXII. Pontevedra, 2013
(Es) Diseño y guiado do Roteiro cultural por Salcedo. Actividad de interpretación del patrimonio etnográfico, arqueológico e inmaterial de la parroquia de San Martiño de Salcedo. Organizado por la Asociación Juan XXII. Pontevedra, 2013



- (Gl) Guía nas Xornadas de Patrimonio Funerario de Pontevedra. Actividade didáctica para o coñecemento e valorización do patrimonio funerario de Pontevedra. Organizadas por el Concello de Pontevedra. Edición 2012
(Es) Guía en las Jornadas de Patrimonio Funerario de Pontevedra. Actividad didáctica para el conocimiento y valorización del patrimonio funerario de Pontevedra. Organizadas por el Concello de Pontevedra. Edición 2012
- (Gl) Guía nas Saídas pola parroquia de Salcedo. Actividades de interpretación do patrimonio natural, etnográfico, arqueolóxico e inmaterial da parroquia de San Martiño de Salcedo. Organizadas por Amigos do Monte de Salcedo. Ediciones 2013, 2014, 2015, 2016 , 2017 e 2018.
(Es) Guía en las Salidas por la parroquia de Salcedo. Actividad de interpretación del patrimonio natural, etnográfico, arqueológico e inmaterial de la parroquia de San Martiño de Salcedo. Organizadas por Amigos do Monte de Salcedo. Ediciones 2013, 2014, 2015, 2016 y 2017




- (Gl) Guía no Roteiro polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Actividade de interpretación do patrimonio natural, etnográfico, arqueolóxico e inmaterial do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños (Salcedo, Lourizán e San Xuliá). Organizado pola Sociedade Antropolóxica Galega para diferentes entidades. Edicións 2013, 2014, 2015 e 2016
(Es) Guía en la Ruta por el Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Actividad de interpretación del patrimonio natural, etnográfico, arqueológico e inmaterial del Espacio Natural y Arqueológico de los Sete Camiños (Salcedo, Lourizán e San Xuliá). Organizado por la Sociedade Antropolóxica Galega para diferentes entidades. Ediciones 2013, 2014, 2015 y 2016

- (Gl) Guia do Roteiro polo Espazo Natural e Etnográfico do Val do Tomeza. Actividade de interpretación do patrimonio natural, etnográfico, arqueolóxico e inmaterial do Espazo Natural e Etnográfico do Val do Tomeza (Pontevedra). Organizado polo Grupo Senderista R.C. Naútico de Vigo. 2016
(Es) Guía en la Ruta por el Espazo Natural e Etnográfico do Val do Tomeza. Actividad de interpretación del patrimonio natural, etnográfico, arqueológico e inmaterial del Espacio Natural y Etnográfico Val do Tomeza (Pontevedra). Organizado por el Grupo Senderista R.C. Naútico de Vigo. 2016
- (Gl) Deseño e guiado do Roteiro das Mouras. Actividade de interpretación do patrimonio mitolóxico, etnográfico e arqueolóxico de Salcedo. Organizado pola Sociedade Antropolóxica Galega para diferentes entidades. Edicións 2014, 2015, 2016, 2017, 2018 e 2019
(Es) Roteiro das Mouras. Actividad de interpretación del patrimonio mitológico, etnográfico y arqueológico de Salcedo. Organizado por la Sociedade Antropolóxica Galega para diferentes entidades. Ediciones 2014, 2015, 2016, 2017, 2018 y 2019
Didáctica:
- (Gl) Creador e diretor de “Regreso á natureza, regreso ás orixes”. Programación didáctica e de lecer na natureza con pernocta. Temática: Histórico, medio ambiente, etnográfico, cultural/patrimonial, arqueoloxía experimental. Programa de actividades didácticas e de lecer para a xuventude a desenvolver no Parque Etnoarqueolóxico do Outeiro das Mouras de Salcedo en réxime de xornada completa con pernocta. Este proxecto está planificado dende un punto de vista multidisciplinar, de xeito que integre obradoiros de arqueoloxía experimental, prácticas de bushcraft (habilidades en asuntos relativos á vida na natureza), actividades deportivas, medioambientais, de lecer e culturais a desenvolver no marco dun único espazo natural e cultural que se localizará no monte comunal de Salcedo. Do 2 ao 4 de agosto de 2021 Salcedo (Pontevedra). Promovido pola Asociación Cultural Casa Verde e realizado dentro do programa a cultural Ponteverán, do Concello de Pontevedra. Deseñado e executado por Ab Origine. Antropoloxía, Produción e Xestión cultural SLL.
(Es) Creador y director de “Regreso á natureza, regreso ás orixes”. Programación didáctica y de ocio en la naturaleza con pernocta. Tema: Histórico, ambiental, etnográfico, cultural/patrimonial, arqueología experimental. Programa de actividades didácticas y de ocio para jóvenes a desarrollar en el Parque Etnoarqueológico de Outeiro das Mouras de Salcedo en régimen de jornada completa con pernocta. Este proyecto se plantea desde un punto de vista multidisciplinar, de forma que integra en un mismo espacio talleres de arqueología experimental, prácticas bushcraft (habilidades en materias relacionadas con la vida en la naturaleza), actividades deportivas, medioambientales, lúdicas y culturales a desarrollar en el marco de un único espacio natural y cultural ubicado en el monte comunal de Salcedo. Del 2 al 4 de agosto de 2021 Salcedo (Pontevedra). Promovido por la Asociación Cultural Casa Verde y realizado dentro del programa cultural Ponteverán, del Ayuntamiento de Pontevedra. Diseñado y ejecutado por Ab Origine. Antropoloxía, Produción y Xestión Cultural SLL.



- (Gl) Docente da actividade “Regreso á prehistoria”. Obradoiros de arqueoloxía experimental. Programa de 4 obradoiros celebrados os días 19 e 20 de outubro do 2020 no Parque Etnoarqueolóxico do Outeiro das Mouras (Salcedo). Organiza: A. C. Casa Verde coa colaboración do Concello de Pontevedra.
(Es) Docente de la actividad “Regreso á prehistoria”. Talleres de arqueología experimental. Programa de 4 talleres celebrados los días 19 y 20 de octubre do 2020 en el Parque Etnoarqueolóxico do Outeiro das Mouras (Salcedo). Organiza: A. C. Casa Verde con la colaboración del Ayuntamiento de Pontevedra.



- (Gl) Cocreador e docente do Programa Arte Rupestre na Escola. Organizado polo Concello de Pontevedra, Concellería de Educación. I edición: Marzo-maio de 2018. II Edición: Marzo-outubro de 2019.
(Es) Cocreador y docente del Programa Arte Rupestre na Escola. Organizado por el Ayuntamiento de Pontevedra, Concellería de Educación. I edición: Marzo-mayo de 2018. II Edición: Marzo-octubre de 2019.

- (Gl) Docente da actividade “Regreso á prehistoria”. Obradoiros de arqueoloxía experimental. Programa de 2 obradoiros celebrados os días 21 de outubro e o 11 de novembro do 2016 no centro cívico Centro Sur (Pontevedra). Organiza: A.V. Salcedo Norte. Colabora Concello de Pontevedra.
(Es) Docente de la actividad “Regreso á prehistoria”. Talleres de arqueología experimental. Programa de 2 talleres celebrados los días 21 de octubre y el 11 de noviembre de 2016 en el centro cívico Centro Sur (Pontevedra). Organiza: A.V. Salcedo Norte. Colabora Ayuntamiento de Pontevedra.


- (Gl) Educador no programa de visitas didácticas ao castro das Croas e ao conxunto etnográfico dos muíños do Batán. Salcedo. Organiza: Concellería de Patrimonio, Concello de Pontevedra. Ano 2014.
(Es) Educador en el programa de visitas didácticas al castro das Croas y al conjunto etnográfico de los molinos del Batán. Salcedo. Organiza: Concellería de Patrimonio, Ayuntamiento de Pontevedra. Año 2014.



Museística:
- (Gl) “Líbranos do mal”. Deseño e execución do plan museístico para a nova colección permanente do Museo Etnográfico Casa do Patrón. Mostra expositiva que amosa, a través dunha escolma de obxectos, de imaxes e de textos, unha parte do valioso patrimonio inmaterial galego. Neste caso, a parte máis vencellada ao mundo das crenzas, do mítico, do relixioso e do máxico da nosa cultura galega. Para isto, a mostra estrutúrase en cinco categorías: A protección (das persoas, da casa e da facenda), a curación, os ritos propiciatorios, as crenzas máxico-relixiosas e a relixiosidade popular. A exposición museística conta con 13 vitrinas onde se expoñen amuletos, obxectos relixiosos, elementos curativos, armas simbólicas e representacións de ritos curativos, protectores e esconxuradores, así como obxectos vencellados á ritualística e ás crenzas da relixión católica. A mostra complétase coa recreación do gabinete dunha curandeira galega, a réplica dun peto de ánimas, unha escolma de obxectos e traxes asociados ao entroido, dous papamoscas e os elementos e imaxinería propia dunha capela católica. Proxecto realizado por Ab Origine. Antropoloxía e promovido polo Museo Etnográfico Casa do Patrón. Ano 2021
(Es) “Líbranos do mal.” Diseño y ejecución del plan museístico para la nueva colección permanente del Museo Etnográfico Casa do Patrón. Una exposición que muestra, a través de una selección de objetos, imágenes y textos, una parte del valioso patrimonio inmaterial gallego. En este caso, la parte más vinculada al mundo de las creencias, de la mitología, de lo religioso y de lo mágico de nuestra cultura gallega. Para ello, la muestra se estructura en cinco categorías: Protección (de personas, casa y tierras), curación, ritos propiciatorios, creencias mágico-religiosas y religiosidad popular. La exposición del museo cuenta con 13 vitrinas que exhiben amuletos, objetos religiosos, curativos, armas simbólicas y representaciones de ritos curativos, protectores y prestidigitadores, así como objetos vinculados a la ritualidad y creencias de la religión católica. La muestra se completa con la recreación del gabinete de una curandera gallega, la réplica de un peto de ánimas, una selección de objetos y disfraces asociados al carnaval, dos papamoscas y los elementos e imaginería propios de una ermita católica. Proyecto realizado por Ab Origine. Antropoloxía y promovido por el Museo Etnográfico Casa do Patrón. Año 2021







Exposición:
Coordinador/comisario de:
- Exposición fotográfica sobre o Entroido galego. Organiza: Sociedade Antropolóxica Galega. Ediciones: febreiro de 2016, 2017, 2018 , 2019



- Exposición O Entroido galego. Organiza: Concello de Ponteareas. Ponteareas, marzo de 2017.

- Exposición fotográfica sobre o Entroido de Galicia. Organiza: Universidad del País Vasco. Vitoria-Gasteiz. Marzo de 2015



- Salcedo: Vida e Memoria. Organiza: Concello de Pontevedra. Maio de 2012





- A Terra das Marabillas. Patrimonio Inmaterial de Salcedo. Organiza: Concello de Pontevedra. Marzo de 2015




- Exposición o Entroido en Galiza. Organiza: Sociedade Antropolóxica Galega. Edición: febreiro 2013 + febreiro de 2014




Asesor de:
- Lekuan-lekuko. Mitoloxías. Organiza: Cátedra de Estudos Galegos de la Universidad de Deusto. Maio de 2014



Colaborador de:
- Ponte do Burgo. Berce, Camiño, Luz. Organiza: Concello de Pontevedra. Marzo de 2018



- Do gris ao violeta. Achegas á historia das mulleres de Pontevedra. Organiza: Concello de Pontevedra. Marzo de 2015



- As pontes de Pontevedra. Organiza: Concello de Pontevedra. Xuño de 2013



- Historia da música de Salcedo. Organiza: Concello de Pontevedra. Maio de 2012


