Revistas

FOL DE VELENO. ANUARIO DE ANTROPOLOXÍA E HISTORIA DE GALIZA

(Gl) Cabeceira fundada en 2006 por Rafael Quintía. Nace como un fanzine de etnografía para convertirse en revista no ano 2010 e en anuario de antropoloxía e historia no ano 2011. “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza” é unha publicación na que prevalece o interese divulgativo e de labor social, nun intento por achegar á cidadanía temas culturais que normalmente permanecen circunscritos ao ámbito académico ou especializado. O anuario está pensado como un espazo libre e de calidade onde especialistas da etnografía, da arqueoloxía, da historia e da antropoloxía poidan expor as súas achegas e as súas investigacións. Ademais ofrece aos novos investigadores que traballan no eido da descuberta e da recuperación da nosa cultura popular e da nosa historia unha canle onde publicar os seus traballos.”FOL DE VELENO” tamén está aberto ás achegas doutros investigadores de fóra de Galicia e a traballos alleos ao ámbito galego pero que pola súa temática poidan ser de interese para os nosos lectores. O anuario véndese nas librerías e a través da web https://antropoloxiagalega.org. Director: Rafael Quintía. Edita a Sociedade Antropolóxica Galega. I.S.S.N. 2253-8437

(Es) Cabecera fundada en 2006 por Rafael Quintía. Nace como un fanzine de etnografía para convertirse en revista en el año 2010 y en anuario de antropología e historia en el año 2011. “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza” es una publicación en la que prevalece el interé divulgativo y de labor social, en un intento por acercar a la ciudadanía temas culturales que normalmente permanecen circunscritos al ámbito académico o especializado. El anuario está pensado como un espacio libre y de calidad donde especialistas de la etnografía, de la arqueología, de la historia y de la antropología puedan exponer sus colaboraciones y sus investigaciones. Además ofrece a los nuevos investigadores que trabajan en el ámbito de la investigación y de la recuperación de nuestra cultura popular y de nuestra historia un canal donde publicar sus trabajos.”FOL DE VELENO” también está abierto a las colaboraciones de otros investigadores de fuera de Galicia y a trabajos ajenos al ámbito gallego pero que por su temática puedan ser de interé para nuestros lectores. El anuario se vende en las librerías y a través de la web https://antropoloxiagalega.org. Director: Rafael Quintía. Edita la Sociedade Antropolóxica Galega. I.S.S.N. 2253-8437


CANXAR. REVISTA DE FOTOGRAFÍA ETNOGRÁFICA

(Gl) “Canxar. Revista de fotografía etnográfica” é unha publicación da Sociedade Antropolóxica Galega que nace no ano 2020 co afán de promocionar, valorizar e divulgar a fotografía etnográfica e o traballo dos seus autores, así como visibilizar o campo da antropoloxía visual, en xeral. A revista ten unha vocación internacional, por iso se edita en formato dixital e en tres idiomas (galego, español e inglés), buscando chegar ao maior número de público interesado posible. “Canxar” é de visionado e descarga libre na web  https://antropoloxiagalega.org. “Canxar” está dirixida por Rafael Quintía e conta coa dirección artística de Ana Durán. I.S.S.N. 2792-3363

(Es) “Canxar. Revista de fotografía etnográfica” es una publicación de la Sociedade Antropolóxica Galega que nace en el año 2020 con el afán de promocionar, valorizar y divulgar la fotografía etnográfica y el trabajo de sus autores, así como visibilizar el campo de la antropología visual, en general. La revista tiene una vocación internacional, por eso se edita en formato digital y en tres idiomas (galego, español e inglés), buscando llegar al mayor número de público interesado posible. “Canxar” es de visionado y descraga libre en la web https://antropoloxiagalega.org. “Canxar” está dirigida por Rafael Quintía y cuenta con la dirección artística de Ana Durán. I.S.S.N. 2792-3363


SAGA. REVISTA DIXITAL DE INVESTIGACIÓN

(Gl) Revista dixital de investigación etnográfica, arqueolóxica e histórica coordinada por Rafael Quintía e Ana Penabad. Editada pola Sociedade Antropolóxica Galega. ISSN: 2254-5964

(Es) Revista digital de investigación etnográfica, arqueológica e histórica coordinada por Rafael Quintía y Ana Penabad. Editada por la Sociedade Antropolóxica Galega. ISSN: 2254-5964


CADERNO DE CAMPO. BOLETÍN INFORMATIVO DA SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA

(Gl) “CADERNO DE CAMPO. Boletín informativo da Sociedade Antropolóxica Galega” é unha publicación da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) de consulta e descarga gratuíta a través da páxina web e do blog da SAGA. En CADERNO DE CAMPO danse a coñecer as distintas novas respecto á nosa organización, así como artigos de investigación ou de opinión que poidan ser de interese para os nosos lectores. Coordinado por Rafael Quintía. Fundado no ano 2011. ISSN: 2254-3406. Dispoñible en: http://www.antropoloxiagalega.org 

(Es) “CADERNO DE CAMPO. Boletín informativo da Sociedade Antropolóxica Galega” es una publicación de la Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) de consulta y descarga gratuíta a través de la página web y del blog de la SAGA. En CADERNO DE CAMPO se dan a conocer las distintas noticias respeto a nuestra organización, así como artículos de investigación o de opinión que puedan ser de interés para nuestros lectores. Coordinado por Rafael Quintía. Fundado en el año 2011. ISSN: 2254-3406. Disponible en: http://www.antropoloxiagalega.org